facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
A Nosa Terra - Gutiérrez Aller protagoniza 'A lingua dos protocolos'
06/07/2010
A Fundación Lois Peña Novo vén de presentar o documental 'A lingua dos protocolos' na que homenaxea o notario lalinense Vitorino Gutiérrez Aller pola súa dilatada traxectoria profesional a prol da recuperación do galego como lingua xurídica e fai un repaso pola historia da documentación xurídica privada escrita en galego ao longo do tempo.
O ex notario lalinense, Vitorino Gutiérrez Aller, foi un dos premiados na decimosexta edición dos Premios Lois Peña Novo, xunto ao Concello de Burela, o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Lorenzo, e o Foro de Avogados Lugo.

Gutiérrez Aller foi autor do primeiro formulario notarial redactado en lingua galega e adicou gran parte da súa dilatada vida profesional a abrir as portas do ámbito xurídico ao galego e a recuperando a redacción de documentos xurídicos privados en galego, tal e como se facía séculos atrás.

O documental, promovido pola Fundación Luís Peña Novo, fai un percorrido histórico pola historia xurídica galega, concretamente polo uso do galego na redacción de documentos xurídicos privados como testamentos, casamentos, testemuñas, etc., e céntrase na figura de Gutiérrez Aller, cuxa testemuña, forma parte deste documento audiovisual.

O xurista cita, entre outros temas, a influencia da desaparición do galego como lingua do dereito privado galego na deturpación dos topónimos e da relegación do galego como lingua de cultura.

Con este documental a Fundación Luís Peña Novo continúa o seu labor de normalización lingüística en todos os ámbitos da sociedade.


ARQUIVOS ADXUNTOS