Os premios PEÑA NOVO créanse para recoñecer o labor, tanto individual coma colectivo, daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administracións públicas e que fan, co seu traballo cotiá, publicacións, estudios, traballos de investigación, etc… que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral.
O uso da lingua propia de Galicia nas Administracións Públicas fai que ésta adquira un grande prestixio cara á sociedade.
Cando se marxinou a lingua, nos séculos escuros, o primeiro que se fixo foi arredar da vida pública todo o que era galego: produción documental e incluso persoas que a producian (funcionarios) substituindoos por outros que descoñecian o galego, se pensaba que dese xeito era fácil que se esquecese o idioma, non contaron co pobo, coa tradición, co amor das persoas ao sua historia. Do mesmo xeito, cando se empeza a recuperar a lingua (rexurdimento), un dos primeiros pasos foi devolverlle ás institucións a lingua do país.
Na época da ditadura fixose o mesmo, prohibíuse a utilización da lingua propia do país e substituiuse polo castelán. Cando as institucións se democratizaron volveuse intentar recuperar a lingua a través da normativa. Estes procesos nos dan unha clara idea de que a Administración Pública xoga un papel importantísimo na recuperación do idioma. De tal maneira, o papel que xoguen os funcionarios e funcionarias públicos galegos, fará que exista unha garantía de que o galego perviva a través da historia.
O papel do funcionariado e fundamental e decisivo para que exista unha plena normalización da lingua nas Administracións Públicas, o seu compromiso persoal na utilización da escrita e da fala cos administrados, que a cidadanía observe que se lle atende na lingua galega, a súa participación e implicación, fan que este proceso sexa cada vez
máis asumido por todos.
A administración pública ten responsabilidades ineludibles coa lingua e coa súa recuperación. Os funcionarios e funcionarias públicos temos o deber de cumprir e facer cumprir a legalidade vixente, coa utilización do galego incluso podemos dicir que un funcionario, que é un servidor público, axuda a promover o uso do galego na cidadanía.
A implicación debe ser moito maior, traballar en galego, escribilo e falalo non é unha moda, tampouco e cousa duns poucos, nin dun grupo determinado, a implicación DEBE SER COUSA DE TODOS. O idioma é o máis grande ben cultural que temos e lóxicamente debemos sentirmos orgullosos da pertenza a un pobo que ten unha historia, unha cultura e unha lingua de seu que perdura a través dos séculos.
O mapa sociolingüístico nos da un dato moi significativo: ó 95% da poboación galega le, fala ou entende o galego. Isto ponos moi por riba das estatisticas que reflexan a realidade doutras comunidades históricas como Cataluña ou Euskadi e tamén moi por riba das realidades idiomáticas das restantes linguas minorizadas europeas.
De tódolos xeitos a lingua galega aínda está en proceso de recuperación e polo tanto necesita e precisa de estímulos constantes por parte das administracións públicas e por parte de todos, tamén dos nosos como funcionarias e funcionarios públicos. Se existise unha plena aceptación do feito diferencial lingüístico non tería sentido nada disto, pero iso non é así, o proceso de recuperación é lento e necesario día a día.
Por todo isto constituíuse da Fundación Lois Peña Novo, unha entidade privada sen fin de lucro e de carácter cultural constituida por funcionarios e funcionarias de Administración Local conscientes do papel que desempeñan na vida pública.
No ano 1995 creánse os Premios Lois Peña Novo para animar, alentar e incentivar a aquelas persoas que traballan arreo polo normalización, caseque sempre sen apoio e incluso sen medios.
Lois Peña Novo era un funcionario exemplar, un funcionario público igual ca nós. Era un galeguista que dedicou toda a súa vida e a súa obra ao estudio dos problemas de Galicia e a procura de solucións. Foi tamén un incansable defensor político de Galicia no primeiro tercio do século XX e un loitador incansable a prol da autonomía galega. Foi un dos impulsores das Irmandades da Fala. Colaborador de prensa da época: A nosa Terra, Nós, etc...
Tomou parte activa na vida política e foi concelleiro electo no ano 1920 polo nacionalismo galego no Concello de A Coruña. Foi él quen nun 25 de xullo mandou que a bandeira galega ondease no Pazo de María Pita.
Este funcionario e político era consciente do papel que xogaba e utilizaba o galego nas súas intervencións, tanto escritas como orais no Concello. Como funcionario foi Secretario dos Concellos de Vigo, Sada e Lugo no ano 1936, época na que é separado do servizo e obrigado a abandonar o seu cargo con supresión de emprego e soldo a raíz da sublevación militar.