facebook
 
     
InicioActividadesHistoriaAcciónsXuices HonorariosActosPublicaciónsGalería de ImaxesNovasNovas: Hemeroteca  



En 1863 desaparece, por mor da lei de lindes entre os reinos de España e Portugal, un territorio singular na raia seca: O Couto Mixto. Este territorio de apenas 20 hectáreas pertence hoxe a Galicia e está formado polas freguesias de Santiago, Rubiás e Meaus compartíndoo os concellos de Baltar e Calvos de Randin. Por mor daquela lei, os pobos do Couto Mixto integráronse en España e, a cambio, tres pobos españois, Souteliño, Cambedo e Lamas de Arco, pasaron ao territorio portugués. Sobre aquel territorio tiñan xurisdicións as casas de Bragança e Monterrei. O veciños do Couto Mixto pertencían, pois,  a un territorio independente. Tiñan privilexios: non ter que alistarse nin no exército portugués nin no español; podían facer negocios sen tributaren a ningún dos dous Estados. Foi a primeira república democrática que se coñeze, cando na súa contorna os rexímenes políticos era absolutistas, herdeiros de monarquías feudais.

Por que era unha república? En primeiro lugar, porque quen a presidía era unha persoa elixida polo pobo por un período de catro anos, podendo ser removido do cargo (moción de censura) se conculcaba os dereitos dos seus cidadáns. Por outra banda, e en segundo lugar, porque era elixido democráticamente por tódolos veciños.

Luis Manuel García Mañá é o primeiro historiador que profundiza nas fontes históricas para determinar as súas oríxes e privilexios, contextualizando eses coñecementos  nas circunstancias políticas nas que se dan. Se ben é certo que, con anterioridade houbo outros historiadores que tamén se asomaron a aquel territorio singular.

A creación da eurorexión, Galicia-Norte de Portgual, que coincide co vello territorio da Gallaecia, levou a un grupo de persoas da cultura galega a visitar aquelas terras arraianas e, despois de estudaren o alcance daquela historia, paisaxe e territorio, crearon a Asociación  de Amigos do Couto Mixto: unha entidade cultural que rescatou do esquecemento as peculiaridades deste territorial fundamental para entender as relacións entre Galicia e Portugal. Desde entón -1992- esta Asociación, vén traballando na divulgación das vicisitudes históricas, publicando monografías e estudos que contribúan a un coñecemento polo miudo do devalar histórico. Para premiar aos que se signifiquan neste labor crearonse as mencións de Xuíces Honorarios do Couto Mixto, en lembranza da figura xurídico-administrativa que rexía os destinos daquel pobo, sendo o seu derradeiro xuíz, D. Modesto Delfín Brandón,  a quen recentemente se lle erixíu un monumento do adro da igrexa de Santiago, lugar onde se reunia o Goberno do Couto Mixto.
Os obxectivos son:

a)   Recuperación da memoria histórica do territorio denominado “Couto Mixto”

b)   Afondar na cultura da raia con Portugal e nas afinidades co país veciño no marco do ordenamento estatutario.

c)   Difundir e divulgar os valores naturais e patrimoniais do Couto Mixto.

d)   Promover o coñecemento e a autoestima dos moradores deste territorio pola súa historia e o seu patrimonio.

e)   Achegar intelectuais e xentes das letras e das artes galegas para que realicen accións de promoción do Couto Mixto.