O Foro E.Peinador xorde nun intre de especial relevo no acontecer histórico de Galicia co obxectivo de incentivar o diálogo entre a economía e a galeguidade, e coordinar o ideario e as exitosas experiencias que se levaron a cabo na nosa Terra e naqueles territorios onde os actores económicos desenvolven o seu pulo empresarial.
Na actualidade, como continuidade do esforzo teimudo que a sociedade galega vén desenvolvendo a prol da pervivencia dos nosos signos e valores identitarios, e da vontade de constituírmonos nun país con personalidade propia no contexto dos pobos do mundo que afirman o seu dereito á diferenza, consideramos relevante afirmar desde o mundo económico a urxencia de conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, e reforzar a súa presenza en sectores estratéxicos determinantes para o éxito social e afirmación como pobo.
Con esta perspectiva, o foro E. Peinador via implicar a un conxunto plural de participantes para participaren na afirmación de Galicia como país e en reforzar a lingua galega como alicerce da súa identidade: