Os obxectivos que inspiran o traballo da Fundación, segundo referencia literal dun dos artigos da súa acta fundacional, son os seguintes:
Promocionar e difundir a lingua e a cultura galega dentro das administracións públicas ou entre as empresas que manteñan relación directa coas Administracións Públicas.
A Fundación foi declarada de interese cultural pola Xunta de Galicia e está rexistrada co núm. 55 no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e os seus orzamentos nútrense das aportancións que achegan que a través de subvencións ou doazóns dos seus membros fundadores ou colaboradores .