CONSUMOGUSTOS
Os consumidores teñan a palabra.
O poder dos consumidores é moito, sen embargo,non se fai uso del para esixirlles ás marcas comerciais maior responsabilidade social identificándoas na nosa lingua. Os consumidores galegos deber condicionar a oferta pola vía da preferenza daquelas ofertas que etiquetan no noso idioma. Desta maneira practicaremos unha pedagoxía galeguizante. Os consumidores deben tomar a decision resolta no momento de faceren as compras. Deles depende que as nosas estruturas agrarias e industrias transformadoras sexan viables e competitivas. Se non somos conscientes do poder que temos, perderemos soberanía alimentaria e identidade.
Descargar campaña completa pdf
Para descargar os carteis, prema enriba de cada un.