En galego
É lóxico. Por dereito
MARCA A OPCIÓN DA LINGUA GALEGA
NA TÚA DECLARACIÓN DA RENDA
A Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística (AFNL) presenta a campaña “Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito”.
Esta iniciativa quere concienciar as persoas contribuíntes para que escollan a opción da lingua galega á hora de presentar a súa declaración da renda. Un acto concreto e sinxelo que na suma total outorga, entre outras, razóns de peso e de autoridade ante determinadas descriminacións lingüísticas realizadas pola Administración.
Por que o facemos?
A AFNL considera necesario exercer os dereitos que as leis outorgan ás comunidades con linguas cooficiais. Non practicar este dereito deriva nunha devaluación do mesmo e incluso corre o perigo de perderse.
As linguas minorizadas son un patrimonio común de valor universal. Este coñecemento da diversidade enriquece os pobos en canto á súa formación intelectual e aos seus valores. A ONU considera que os dereitos lingüísticos son unha parte integrante dos dereitos humanos.
Marcar a opción do galego na declaración da renda implica unha cuestión basilar: amosa a existencia duns dereitos que exercemos como comunidade con conciencia de seu.
Marca o galego na declaracion da renda .pdf