facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
En Noia, arrequecendo o noso patrimonio cultural.
29/03/2019
No exterior do cemiterio de Santa María a Nova, en Noia, están  expostas  as laudas medievais, que en número son as máis importantes de Galicia. Un tesouro, que unido ao patrimonio documental galego-medieval, fan desta vila un enclave cultural de referencia. Preto está o  edificio dos xulgados do partido xudicial. Alí celebrouse un acto transcendental para incrementar ese patrimonio documental coas sentenzas ditadas en lingua galega.
No exterior do cemiterio de Santa María a Nova, en Noia, están  expostas  as laudas medievais, que en número son as máis importantes de Galicia. Un tesouro, que unido ao patrimonio documental galego-medieval, fan desta vila un enclave cultural de referencia. Preto está o  edificio dos xulgados do partido xudicial. Alí celebrouse un acto transcendental para incrementar ese patrimonio documental coas sentenzas ditadas en lingua galega.
A protagonista da nova renacenza lingüística xurídica é a maxistrada Lorena Tallón, que coa colaboración dun bo número de letrados que son o garante do futuro da nosa lingua, están a pular un movemento de regaleguización da xustiza na comarca.
A este feito referíuse na súa  intervención Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega. Fixo fincapé na importancia da vontade persoal como motor para a transformación dos hábitos lingüísticos na práctica forense, salientando o importante número de operadores xurídicos que nun partido xudicial de reducidas dimensións son a esperanza desa  mudanza cultural.
Os letrados participantes no acto, Xacobo del Río e Tania Castro tamén son do mesmo parecer, sen o compromiso persoal de cada un dos profesionais  do Dereito o proceso regaleguizador será simplemente  anecdótico
A maxistrada Lorena Tallón agradeceu a ampla presenza de profesionais do Dereito, funcionarios  e forzas e corpos de seguridade, expresando a necesidade que existe de ser consecuente coa defensa do noso idioma nos usos xurídicos.
O alcalde de Noia intervíu para expresar no nome propio e dos rexedores de Lousame e Porto do Son, o apoio a esta iniciativa, recordando que o simbolismo deste acto pode ser transcendental como o fora no ano 1984 a Asemblea de alcaldes reunidos en Compostela para aprobaren medidas de galeguización na administración local.
O Secretario Xeral de Política Lingüística fixo fincapé na importancia da acción humana e dos actos de vontade persoais que superen as dificultades de substituir á inexistencia doutros medios técnicos para  acelerar o proceso regaleguizador.
Rematou o acto coa sinatura dos alcaldes da Declaración de Noia que expresa a importancia que teñen os concellos neste proceso regaleguizador a través das súas asesorías xurídicas e policías local.
Xa  no exterior do edificio foi descuberta unha placa que lembra a primeira sentenza ditada en lingua galega naqueles xulgados co agradecemento expreso a cantos fan posible que o noso idioma acade plena normalidade nos usos xurídicos.