facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ten as súas oríxes dous anos antes,aproximadamente, da súa constitución formal, que foi en 1984. Previamente un grupo de funcionarios e funcionarias  de administración local e da Xunta de Galicia, principiamos a traballar na galeguización dos procedementos administrativos. O Estatuto de Autonomía de Galicia servíanos de cobertura legal para desenvolver unha actividade que topenexaba cun ordenamento xurídico anterior no tempo, esgrimida constantemente polos funcionarios públicos, impedindo que as expectativas galeguizadoras manifestadas nos programas políticos se puidese concretar. As inercias xogaban na nosa contra. Malia estas resistencias as corporacións locais democráticas foron fundamentais para estender a lingua galega nos usos xurídicos.

 
 
A asemblea de concellos celebrada en maio de 1984, inspirada pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística co apoio do Concello de Santiago,  aprobou un decálogo que recollía as orientacións básicas para normalizar a lingua galega nas administracións locais. Logo virían os cursos de lingua galega, a elaboración de vocabularios e formularios do procedemento administrativo, traballos  sempre motivados polo entusiasmo daquel grupo pequeno de funcionarios e funcionarias.
 

O labor do Parlamento de Galicia, a instancias dalgúns deputados, fixo que se fose formando un pequeno ordenamento xurídico que definise o alcance da cooficialidade lingüística.
 

Todo o demais -servizos de normalización lingüística nos concellos e demais institucións públicas, ordenanzas reguladoras do uso da lingua galega, lei de normalización lingüística, normalización dos formularios notariais e  procedementos xudiciais,etc.- débese en gran medida ao labor de insistencia  e permanente traballo da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.