FINALIDADE DA ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA
A finalidade da asociación é a defensa e promoción da lingua galega no territorio de Galicia, especialmente no ámbito das Administracións públicas.
Para levar a cabo a súa finalidade, a asociación poderá organizar actividades como publicacións, cursos, conferencias e xornadas, e colaborar coas Administracións públicas e con outras entidades públicas e privadas, para conseguir o obxectivo antedito.
ÁMBITO TERRITORIAL DE ACTUACIÓN
A Asociación desenvolverá a súa actividade fundamentalmente no territorio galego, sen prexuízo dos actos de colaboración e coordinación que para o mellor cumprimento do seu obxectivo poida levar a efecto con outras entidades fóra de Galicia.